Provincia de Granma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatísticas da Provincia de Granma
Capital: Bayamo
Superficie: 8,327 km²
Poboación: 833,600
Mara
Granma Province Location.png

Granma é unha das 14 provincias de Cuba. Esta xorde a raíz da última división político-administrativa, aprobada en novembro de 1976, e asume o seu novo nome en honra ao desembarco na praia Las Coloradas do Granma, iate usado polo Che Guevara e Fidel Castro para desembarcar en Cuba con outros guerrilleiros.

Concellos[editar | editar a fonte]

A capital da provincia é Bayamo, considerada berce da nacionalidade cubana, ademais de ser unha das cidades máis importantes e ricas en historia xunto á cidade de Manzanillo, esta última a principal urbe industrial e rectora do desenvolvemento económico, social e cultural da provincia.

Ademais de Bayamo e Manzanillo a provincia de Granma está dividida en trece concellos:

  1. Bayamo
  2. Manzanillo
  3. Jiguaní
  4. Cauto Cristo
  5. Río Cauto
  6. Yara
  7. Guisa
  8. Buey Arriba
  9. Bartolomé Masó
  10. Campechuela
  11. Media Luna
  12. Niquero
  13. Pilón