Protectorado de Sarre
Saarland (de) Sarre (fr) | |||||
Himno | Saarlandlied (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saarbrücken | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua alemá lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 17 de decembro de 1947 | ||||
Disolución | 31 de decembro de 1956 | ||||
Sucedido por | Sarre | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | protectorado república | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Saar mark (en) | ||||
O protectorado de Sarre, que se corresponde co actual estado alemán de Sarre, estivo baixo control francés durante o período que comprende entre os anos 1947 a 1956.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo o Tratado de Versalles (1919), Sarre quedaba baixo goberno da Sociedade de Nacións administrado por Francia, durante un período de 15 anos a contar desde 1920, como compensación das perdas sufridas polo país galo durante a primeira guerra mundial. Tralos 15 anos, realízase un referendo sobre o futuro da rexión, onde a opción da reintegración en Alemaña obtén o 90% do escrutinio, pasando a formar parte de Alemaña en 1936.
Trala segunda guerra mundial, Sarre volve a dominio francés despois da súa ocupación por mandato das Nacións Unidas. Celebradas as primeiras eleccións logo da guerra en 1947, o parlamento vota a unión a Francia baixo a figura dun protectorado, co nome de «Unión económica entre Francia e Sarre».
En 1954, Francia e Alemaña chegan a avinza en París co estabelecemento dun estatuto para Sarre, definindo a rexión como «Territorio Europeo», con vistas á posibilidade de albergar a capital das diferentes comunidades europeas que acabarían derivando na actual Unión Europea.
Aprobado o estatuto no parlamento, o estatuto é sometido a referendo, gañando a opción do Non, malia ao apoio do chanceler alemán Konrad Adenauer. Debido ao fracaso da negativa do estatuto, o Primeiro Ministro francés Guy Mollet e Adenauer acordan no veciño Luxemburgo que Sarre se reintegre en Alemaña, sendo exercido este dereito o 1 de xaneiro de 1957. Iso si, economicamente permaneceu vinculada a Francia até o 5 de xullo de 1959, en que finalizou tamén esta situación. Actualmente é un Land da República Federal Alemá.
Deportes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Sarre nos Xogos Olímpicos.
Sarre participou coa súa propia delegación nos Xogos Olímpicos de 1952 en Helsinqui. Esta situación política chegou ao seu maior expoñente deportivo cando en 1953 a FIFA autoriza a selección sarrense de fútbol a enfrontarse á selección de Alemaña co gallo das eliminatorias do mundial de fútbol do ano seguinte.