Procrastinación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A procrastinación é a acción de procrastinar (do latín procrastinare) é dicir, de pospor actividades ou situacións que un debe atender, por outras situacións máis irrelevantes. Este termo provén do latín pro- (adiante) e crastinus (relacionado co mañá).

A procrastinación é un trastorno do comportamento que ten a súa raíz na asociación da acción a realizar co cambio, a dor ou a incomodidade (estrés). Este pode ser físico (como o sentido durante actos que requiren traballo forte ou exercicio vigoroso), psicolóxico (na forma de ansiedade ou frustración), ou intelectual. O termo aplícase comunmente ao sentido de ansiedade xerado ante unha tarefa pendente de concluír. O acto que se procrastina pode ser percibido como abafador, desafiante, inquietante, perigoso, difícil, tedioso ou aburrido, é dicir, estresante. A procrastinación tamén pode ser un síntoma dalgunha desorde psicolóxica, como depresión ou TDAH (trastorno por déficit de atención con hiperactividade).

Non se demostrou cabalmente que o costume de procrastinar pode levar a unha dependencia de diversos elementos externos, tales como Internet, ler libros, saír de compras ou comer en lugar de realizar a tarefa que se supón que hai que facer.

A procrastinación non necesariamente está ligada á depresión ou á baixa autoestima. O perfeccionismo extremo ou o medo ao fracaso tamén son factores para procrastinar.

Existen dous tipos de individuos que executan esta acción: procrastinadores eventuais e procrastinadores crónicos. Os segundos son os que comunmente denotan desordes nos comportamentos antes mencionados.

Algúns autores afirman que existen na actualidade condutas aditivas que contribúen a este trastorno: refírense, por exemplo, á chamada "adicción á televisión", á "adicción á computadora" e á "adicción á pornografía", esta última sobre todo a través de Internet. Outros autores afirman que tales adiccións non existen. Porén, malia que xa hai propostas de tratamento para este tipo de problemas conductuais (terapia cognitivo-conductual, sobre todo, que inclúe, por exemplo, a aplicación de opcións na propia computadora para bloquear voluntariamente o acceso ás páxinas de pornografía), trátase dun tema moi novo, no que aínda fai falta realizar moito traballo de investigación.

Por outra banda, a chamada "síndrome do estudante" (o feito de que moitos estudantes pospoñan a entrega dos seus traballos ata o último minuto do día da data límite) está presente, ao parecer, tamén noutros grupos sociais: nas tempadas nas que se achega a data límite para pagar os impostos (para presentar as declaracións mensuais ou anuais), as oficinas onde se levan a cabo eses trámites (os bancos, por exemplo) satúranse de persoas que asisten a realizar ese trámite no último momento.

Un famoso refrán que combate a procrastinación é o que di: "Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe". No mundo anglosaxón dise: "A procrastinación é o ladrón do tempo". Tamén podería dicirse que a procrastinación é o ladrón do desexo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]