Saltar ao contido

Adicción á pornografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adicción á pornografía
 Instancia de
 Subclase de
 Causado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/01tndj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A adicción á pornografia, tamén chamada pornodependencia, é unha forma de compulsión caracterizada polo abuso da visión de pornografía, con ou sen masturbación, que comporta unha diminución da calidade de vida persoal ou familiar. A masturbación compulsiva forma parte nun concepto máis amplo desta adicción.

A aplicación dos modelos de adicción ó consumo de pornografía é polémica dende o punto de vista científico.[1][2] O uso de pornografía pode considerarse parte dunha compulsión, con efectos negativos para o benestar físico, mental, social ou financeiro. Malia que a Organización Mundial da Saúde recoñeceu en 2022 (ICD-11) a existencia da conduta sexual compulsiva, un tipo de trastorno do control dos impulsos, esta non constitúe unha adicción.[3][4] Así mesmo, o manual de diagnóstico DSM-5 da Asociación Estadounidense de Psiquiatría non clasifica o consumo compulsivo de pornografía como unha enfermidade mental ou unha adicción condutual.[3]

O consumo excesivo de pornografía a través da internet, tamén chamado uso problemático da pornografía (UPP), é a idea de que o visionamento de pornografía na internet pode resultar un problema para un individuo por razóns persoais ou sociais, entre as que se inclúen dedicar un tempo excesivo a ver pornografía no canto de interactuar cos demais ou como mecanismo para facilitar a procrastinación. Os suxeitos poden sufrir de depresión, illamento social, perda do traballo, diminución da produtividade ou consecuencias financeiras como resultado da interferencia do UPP coas súas vidas sociais.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hall, Timothy M.; Bershad, Anya; Shoptaw, Steven (2024). "53: Compulsive Sexual Behaviors". En Miller, Shannon C. The ASAM Principles of Addiction Medicine (en inglés). ISBN 978-1-9752-0157-9. 
  • Marks, David F.; Murray, Michael; Estacio, Emee Vida (2018). Health Psychology: Theory, Research and Practice (en inglés). SAGE Publications. ISBN 978-1-5264-1206-5. 
  • Martinez-Gilliard, Erin (2023). Sex, Social Justice, and Intimacy in Mental Health Practice: Incorporating Sexual Health in Approaches to Wellness (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 978-1-000-84578-5. 
  • Taylor, Kris (2019). "Nosology and metaphor: How pornography viewers make sense of pornography addiction". Sexualities (en inglés) 23 (4): 609–629. doi:10.1177/1363460719842136. 
  • Williams, D. J.; Thomas, Jeremy N.; Prior, Emily (2022). "Are Sex and Pornography Addiction Valid Disorders? Adding a Leisure Science Perspective to the Sexological Critique". En Berdychevsky, Liza; Carr, Neil. Innovation and Impact of Sex as Leisure in Research and Practice (en inglés). Taylor & Francis. pp. 306–321. ISBN 978-1-000-58943-6. doi:10.1080/01490400.2020.1712284. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]