Proba (educación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estudantes facendo un exame na Universidade de Viena.

Un exame[1] ou proba de avaliación[2] é unha proba na que se mide o nivel de coñecementos, aptitudes, habilidades ou dunhas capacidades físicas. Úsase como ferramenta para determinar a idoneidade de alguén para a realización dunha actividade ou o aproveitamento duns estudos.

Pode ser realizado de forma oral, en papel, facendo uso dun ordenador (ou unha computadora), nunha contorna controlada (como en determinadas probas físicas) ou nunha contorna aberta (como nun exame de condución), nun período definido de tempo baixo supervisión. Pode compoñerse de varias preguntas, cuestións, exercicios ou tarefas a realizar que teñen asignados uns valores en puntos.

Os exames poden variar en estilo, rigor e requirimentos previos. Por exemplo, nunha proba de libro pechado o tomador da proba a miúdo debe usar a memoria para responder a temas específicos, e nunha proba de libro aberto o tomador da proba pode usar unha ou varias ferramentas complementarias, como un libro de referencia ou unha calculadora para responder.

Un exame pode ser realizado de maneira formal ou informal. Un exemplo de proba informal sería unha proba de lectura realizada por un pai a un neno. Un exemplo dunha proba formal sería un exame final administrado por un profesor nunha aula. As probas formais a miúdo resultan nunha cualificación nas probas. A cualificación da proba pode ser interpretada en relación a unha norma ou criterio. A norma pode ser estabelecida independentemente ou por análise estatística de varios individuos.

Un exame rápido (quiz en inglés) usualmente ten menos preguntas que un exame, ofrece preguntas de menor dificultade e pódese resolver en menos tempo. Pode dividirse en varias seccións, cada unha fai referencia a un tema ou ten unha forma diferente de preguntar sobre o mesmo tema.

Un exame estandarizado compara os resultados individuais cunha pauta. A pauta estabelécese independentemente ou por análise estatística dun gran número de individuos.

Tipos de exame[editar | editar a fonte]

Existen tipos de exames:

  • Exames de preguntas abertas
  • Exames de preguntas pechadas
  • Exames con opción a resposta múltiple
  • Exames orais

Notas[editar | editar a fonte]