Luaces, Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luaces
Igrexa de Santa María de Luaces.
ConcelloPol[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°07′30″N 7°20′10″O / 43.1251, -7.3361Coordenadas: 43°07′30″N 7°20′10″O / 43.1251, -7.3361
Área6,6 km²
Poboación69 hab. (2020)
Densidade10,45 hab./km²
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Luaces é unha parroquia do concello de Pol na comarca de Meira, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2019 tiña 68 habitantes, deles 35 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta de poboamento aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.

No século XIX, coa creación dos primeiros concellos formouse o de Luaces, pero en 1835 creouse o actual de Pol, e o seu territorio foi integrado nel.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Luaces[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Luaces no concello de Pol (Lugo)

Luaces | Nixela | O Outeiro | O Porto da Valiña | Pousadela | Ribadauga | Sarille | Subarreiro | Trasín | A Valiña | Vilar do Infante

Parroquias de Pol[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pol

Arcos de Frades (Santiago) | Caraño (San Martiño) | Carazo (San Pedro) | Cirio (Santa María) | Ferreiros (Santo André) | Fraialde (Santa María) | Gondel (San Cosme) | Hermunde (San Pedro) | Lea (San Bartolomeu) | Luaces (Santa María) | Milleirós (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Pol (Santo Estevo) | San Martín de Lúa (San Martín) | San Martiño de Ferreiros (San Martiño) | Silva (Santiago) | Suegos (Santa Eulalia) | Torneiros (San Lourenzo) | Valonga (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]