Primitivo Carbajo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | provincia de Zamora |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Primitivo Francisco Carbajo Centeno, coñecido como Primitivo Carbajo, nado en Zamora, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como xornalista en medios da Coruña e Vigo e foi guionista en programas da TVG. Foi correspondente de El País, 17 anos, ata 2012.[1] Foi director de Comunicación da Universidade de Vigo (1999-2005) e fundador de Duvi, o seu diario dixital.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Paco Vázquez, a pegada dun príncipe (1993). Con Luís Pita. Vigo: Xerais. ISBN 978-8475076997.
- Salgheirón (2021). Cangas: Morgante. 284 páxs. ISBN 978-84-15166-92-4. É a crónica dun arduo conflito urbanístico en Cangas do Morrazo nos primeiros anos do século.[3] [4]
- A marcha da paz secuestrada (2024). Cangas: Morgante. 284 páxs. ISBN 978-84-19040-20-6. En palabras do autor, este libro reivindica e quere ser parte do antigo grito pola paz contra o pregón actual da guerra.[5]
En castelán
[editar | editar a fonte]- Derrotas andinas (2021). Cangas: Morgante. 392 páxs. ISBN 978-84-15166-98-6. Este libro naceu para render memoria aos Cronistas de Indias no marco conmemorativo do Quinto Centenario do Descubrimento de América.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PAÍS, Ediciones EL (2012-11-10). "Artículos escritos por Primitivo Carbajo". El País (en castelán). Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Primitivo Carbajo – Edicións Morgante". Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "Salgheirón – Edicións Morgante". Consultado o 2024-05-09.
- ↑ Salgado, Daniel (2021-10-24). "El Gran Casino de la Sardina, la fábrica de conservas de Cangas que sintetiza la crisis del ladrillo en Galicia". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-05-09.
- ↑ "A marcha da paz secuestrada – Edicións Morgante". Consultado o 2024-05-09.