Saltar ao contido

Primeiro ministro de Cuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Primeiro Ministro de Cuba.

O Presidente do Consello de Ministros de Cuba, antes chamado Primeiro ministro entre 1940 e 1976, é o xefe de goberno da República de Cuba.

Segundo a Constitución cubana de 1940, que creou dito cargo, correspondíalle a función de axudar ao Presidente da República. Era designado xunto co resto dos membros do Consello de Ministros polo presidente da República. O primeiro ministro e o Consello de ministros eran responsables das súas accións ante calquera das dúas cámaras do Congreso (cámara dos deputados e do Senado). Calquera cámara lle podía retirar a súa confianza.

Na Constitución cubana de 1976, o Consello de Ministros é o responsable da administración do Estado e constitúe o goberno. Está dirixido polo presidente da República, que á súa vez é o presidente do Consello de Ministros.

En abril de 2019, entrou en vigor unha nova Constitución de Cuba,[1] que recupera os cargos de Presidente da República e Primeiro ministro.[2] Está previsto que a elección do novo primeiro ministro se realice antes de que remate o ano 2019.[3]

Primeiro ministro de Cuba (1940-1976)

[editar | editar a fonte]
Nome Inicio Final Partido Presidente
1 Carlos Saladrigas Zayas

(1900–1956)
10 de outubro de 1940 16 de agosto de 1942 Partido Socialista Popular Fulgencio Batista

(1940–1944)
2 Ramón Zaydín

(1895–1968)
16 de agosto de 1942 16 de marzo de 1944 Partido Liberal de Cuba
3 Anselmo Alliegro y Milá

(1899–1961)
16 de marzo de 1944 10 de outubro de 1944 Partido Liberal de Cuba
4 Félix Lancís Sánchez

(1900–1976)
10 de outubro de 1944 13 de outubro de 1945 Partido Revolucionario Cubano Auténtico Ramón Grau

(1944–1948)
5 Carlos Prío Socarrás

(1903–1977)
13 de outubro de 1945 1 de maio de 1947 Partido Revolucionario Cubano Auténtico
6 Raúl López del Castillo

(1893–1963)
1 de maio de 1947 10 de outubro de 1948 Partido Revolucionario Cubano Auténtico
7 Manuel Antonio de Varona

(1908–1992)
10 de outubro de 1948 6 de outubro de 1950 Partido Revolucionario Cubano Auténtico Carlos Prío Socarrás

(1948–1952)
8 Félix Lancís Sánchez

(1900–1976)
6 de outubro de 1950 1 de outubro de 1951 Partido Revolucionario Cubano Auténtico
9 Óscar Gans

(1903–1965)
1 de outubro de 1951 10 de marzo de 1952 Partido de Acción Progresista
10 Fulgencio Batista

(1901–1973)
10 de marzo de 1952 4 de abril de 1952 Partido de Acción Progresista Fulgencio Batista

(1952–1959)
Vacante (4 de abril de 1952 – 14 de agosto de 1954)
Andrés Domingo y Morales del Castillo

(1892–1979)
14 de agosto de 1954 24 de febreiro de 1955 Independente
11 Jorge García Montes

(1896–1982)
24 de febreiro de 1955 26 de marzo de 1957 Partido de Acción Progresista
12 Andrés Rivero Agüero

(1905–1996)
26 de marzo de 1957 6 de marzo de 1958 Partido de Acción Progresista
13 Emilio Núñez Portuondo

(1898–1978)
6 de marzo de 1958 12 de marzo de 1958 Partido de Acción Progresista
14 Gonzalo Güell

(1895–1985)
12 de marzo de 1958 1 de xaneiro de 1959 Partido de Acción Progresista
15 José Miró Cardona

(1902–1974)
5 de xaneiro de 1959 16 de febreiro de 1959 Independente Manuel Urrutia Lleó

(1959)
16 Fidel Castro

(1926–2016)
16 de febreiro de 1959 1976 Partido Comunista de Cuba Osvaldo Dorticós Torrado


(1959–1976)
Vacante (1976-2019)
17 Manuel Marrero
(1963-)
21 de decembro de 2019[4] presente Partido Comunista de Cuba Miguel Díaz-Canel
|
(2018-)
  1. "Entra en vigor nueva Constitución de Cuba" (en castelán). 10 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  2. "Constitución de Cuba de 2019" (PDF). www.granma.cu (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  3. "Cuba se prepara para volver a tener presidente y primer ministro" (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  4. "Manuel Marrero, nombrado primer ministro de Cuba". La Vanguardia (en castelán). 21 de decembro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]