Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dende 1869 até 1878 e desde 1895 até 1899 , nos últimos anos do dominio colonial español o presidente da República de Cuba en armas era a máxima autoridade executiva en tempos de guerra, no conxunto dos territorios liberados polos independentistas , sen que existise o Estado independente.
De 1902 a 1906 e de 1909 a 1976 o presidente da República de Cuba era o xefe de Estado na república presidencial , primeiro, e do goberno revolucionario , a partir de 1959 .
Desde 1976 até 2019 , e segundo a Constitución de 1976 , a Presidencia foi o órgano colexiado chamado Consello de Estado (cuxo presidente era o presidente do país) auxiliado polo Consello de Ministros. A partir da proclamación e entrada en vigor da Constitución cubana de 2019 , retómase a fórmula usada antes de 1976, onde o Xefe de Estado é chamado Presidente da República de Cuba.
Orde
Imaxe
Nome
Inicio
Fin
Partido
Notas
1.º
Tomás Estrada Palma
20 de maio de 1902
28 de setembro de 1906
Partido Moderado
Primeiro Presidente constitucional de Cuba , despois de que Estados Unidos recoñecese a independencia plena. Renunciou en 1906 pola presión popular.
2.º
José Miguel Gómez
28 de xaneiro de 1909
20 de maio de 1913
Partido Liberal
Presidente constitucional, tras os Estados Unidos ter concluída a súa terceira intervención na illa.
3.º
Mario García Menocal
20 de maio de 1913
20 de maio de 1921
Partido Conservador
Presidente constitucional. Dous mandatos consecutivos (1913-1917 e 1917-1921), o segundo gañado por fraude.
4.º
Alfredo Zayas y Alfonso
20 de maio de 1921
20 de maio de 1925
Partido Popular Cubano - Liga Nacional
Presidente constitucional.
5.º
Gerardo Machado
20 de maio de 1925
12 de agosto de 1933
Partido Liberal
Presidente constitucional. Dous mandatos consecutivos, no segundo implantou unha ditadura criminal. Renunciou ante o pulo revolucionario do pobo.
6.º
Alberto Herrera y Franchi
12 de agosto de 1933
13 de agosto de 1933
Independente
Provisional.
7.º
Carlos Manuel de Céspedes y Quesada
13 de agosto de 1933
5 de setembro de 1933
Provisional, derrocado pola Sublevación dos Sarxentos, dirixida por Fulgencio Batista .
8.º
Ramón Grau San Martín
10 de setembro de 1933
15 de xaneiro de 1934
Provisional. Primeiro mandato. Goberno non recoñecido polos Estados Unidos. Derrocado por Batista.
9.º
Carlos Hevia
15 de xaneiro de 1934
18 de xaneiro de 1934
Interino. Renunciou.
10.º
Manuel Márquez Sterling
18 de xaneiro de 1934
18 de xaneiro de 1934
Interino. Só exerceu durante seis horas. Renunciou.
11.º
Carlos Mendieta
18 de xaneiro de 1934
11 de decembro de 1935
Unión Nacional
Provisional. Renunciou.
12.º
José Agripino Barnet y Vinageras
11 de decembro de 1935
20 de maio de 1936
Provisional.
13.º
Miguel Mariano Gómez
20 de maio de 1936
24 de decembro de 1936
Presidente constitucional. Destituído polo Senado da República de Cuba, ante as presións de Batista.
14.º
Federico Laredo Bru
24 de decembro de 1936
10 de outubro de 1940
Presidente constitucional.
15.º
Fulgencio Batista
10 de outubro de 1940
10 de outubro de 1944
Coalición Socialista Democrática
Presidente constitucional. Primeiro mandato.
16.º
Ramón Grau San Martín
10 de outubro de 1944
10 de outubro de 1948
Partido Revolucionario Cubano (Auténtico)
Presidente constitucional. Segundo mandato.
17.º
Carlos Prío Socarrás
10 de outubro de 1948
10 de marzo de 1952
Presidente constitucional. Derrocado por un golpe militar dirixido por Batista.
18.º
Fulgencio Batista
10 de marzo de 1952
1 de xaneiro de 1959
Partido Acción Unitaria
Presidente de facto desde o 10 de marzo de 1952. Presidente constitucional desde o 24 de febreiro de 1955. Segunda presidencia, que foi unha sanguenta ditadura. O estalido da Revolución Cubana fixo que renuncise o 1 de xaneiro de 1959
19.º
Anselmo Alliegro
1 de xaneiro de 1959
2 de xaneiro de 1959
Independente
Interino. Vicepresidente do presidente Batista. Rexeitou formar goberno e sucedeulle Carlos Pedra e Pedra, ministro da Corte Suprema.
20.º
Manuel Urrutia Lleó
2 de xaneiro de 1959
17 de xullo de 1959
Presidente provisional. Primeiro presidente desde o triunfo da Revolución Cubana . Renunciou. A Lei Fundamental de 1959 confería máis poder ao Primeiro Ministro, nese entón Fidel Castro .
21.º
Osvaldo Dorticós Torrado
17 de xullo de 1959
2 de decembro de 1976
Organizacións Revolucionarias Integradas, Partido Unido da Revolución Socialista de Cuba, Partido Comunista de Cuba
Presidente da República. A Lei Fundamental de 1959 confería máis poder ao Primeiro Ministro, nese entón Fidel Castro .