Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo
| Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con Ana Gandón, María Xosé Porteiro e Maite Fernández de concelleiras[1]. Tiña como obxectivo fomentar as inquedanzas literarias femininas en igualdade de oportunidades para promover a súa participación en diversas manifestacións culturais e sociais, animándoas a escribir en galego, potenciando así a creación literaria.[2]
Características
[editar | editar a fonte]O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade, estaba dotado cun único premio de 1500 euros.[3]As novelas, de tema libre debían ser orixinais e inéditas, escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 150 páxinas[4]
En 2006 decidiuse transformar o certame en Premio de Relatos Mulleres Progresistas para facilitar unha maior participación de escritoras[1]. En 2013 converteuse no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.
Obras gañadoras
[editar | editar a fonte]- I Edición (1997): O tempo pasado, de María G. Iáñez
- II Edición (1999): Irse de crápula, de Paula Mª Saavedra Fernández
- III Edición (2001): Tempos agradables, de Conchi Regueiro.[2] Editado en 2002 por Edicións do Cumio
- IV Edición (2003): O caderno de bitácora, de María Reimóndez.[5] Editado en 2004 por Edicións Positivas[1]
- V Edición (2004): deserto
- VI Edición (2005): deserto
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Agra Tuñas, Soledad (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos "Mulleres Progresistas" 2007-2011. A Coruña: Baía. ISBN 9788499950129. OCLC 796311403.
- 1 2 "A novela ”Tempos agradables” recibe o premio Mulleres Progresistas". xornal.vigo.org. Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "Mulleres Progresistas amplía el plazo de su premio de novela". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-01-25. Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "IV Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo | certames | culturagalega.org | O portal da cultura galega". culturagalega.gal. Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "Ana Gandón entrega o premio de novela Mulleres progresistas". xornal.vigo.org. Consultado o 2019-05-20.