Prefectura apostólica católica latina do Sáhara Occidental
Localización | |||
---|---|---|---|
Poboación | |||
Poboación | 1.030.700 (2017) (4,12 hab./km²) | ||
Relixión | Igrexa católica | ||
Xeografía | |||
Superficie | 250.000 km² | ||
Comparte fronteira con | Diocese das Canárias (pt) , oeste Arquidiocese de Rabat (pt) , Nordés Roman Catholic Diocese of Nouakchott (en) , sur | ||
Catedral | Catedral de São Francisco de Assis (pt) | ||
A prefectura apostólica do Sáhara Occidental (en latín: Praefectura Apostolica de Sahara Occidentali) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2010 tiña un total de 120 bautizados, sobre unha poboación total de 800.265 habitantes. O seu prefecto actual é Mario León Dorado.
Territorio
[editar | editar a fonte]A prefectura apostólica ten xurisdición sobre todo o Sáhara Occidental.
O territorio está dividido en 2 parroquias: a igrexa de San Francisco de Asís do Aaiún, que fai de catedral da prefectura apostólica; e unha segunda igrexa en Daxla.
Historia
[editar | editar a fonte]A prefectura apostólica do Sáhara español e do Ifni foi erixida o 5 de xullo de 1954 coa bula Summi Dei voluntate do papa Pío XII, en territorios até entón das vigairías apostólicas de Marrocos e de Rardaya.[1]
O 2 de maio de 1970 tomou o nome de prefectura apostólica do Sáhara español, e o 2 de maio de 1976 tomou o nome actual.
Lista de ordinarios
[editar | editar a fonte]- Félix Erviti Barcelona (19 de xullo de 1954 - 6 de xullo de 1994, retirado)[2]
- Acacio Valbuena Rodríguez (10 de xullo de 1994 - 25 de febreiro de 2009, retirado)
- Sé vacante (2009-2013)
- Mario León Dorado (24 de xuño de 2013 - actualidade)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bula Summi Dei voluntate (PDF). Acta Apostolica Sedis (en latín) 46. 1954. p. 694.
- ↑ "Father Félix Erviti Barcelona". catholic-hierarchy.org. Consultado o 06/08/14.