Leonado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muestra do esmalte leonado (esquerda) e maneira convencional de representalo nos gravados (dereita).

En heráldica, o leonado é un esmalte de cor marrón. Este esmalte non se da na heráldica española, pero si, por exemplo, nas heráldicas francesa (onde se denomina tenné ou tanné) e británica (onde se denomina tenné).

Na heráldica británica este esmalte non se considera cor, metal nin forro, se non que se atopa nunha categoría á parte denominada «mancha» (stain), xunto con outras dúas cores: o púrpura (murrey) e o sanguíneo (sanguine). Algúns heraldistas, historicamente, sinalaron que estas «manchas» eran os esmaltes indicados para agregar ós escudos brisuras denotativas de infamia, pero outros autores, ó non atopar exemplos diso, dubidan de que algunha vez estas brisuras se levaran á práctica.[1]

O uso e a definición deste esmalte non están libres de confusión. O xenealoxista inglés William Berry, por exemplo, escribe nun tratado de heráldica do século XIX que o leonado (tenné) é unha cor próxima ó castaño, mezcla de amarelo, vermello e marrón;[1] mentres que o heraldista A.C. Fox-Davies, a comezos do século XX, describe ó alaranxado da heráldica inglesa (orangé) como idéntico ó leonado (tenné), aínda que comenta que a heráldica alemá posee un alaranxado que parece ser independente do leonado.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

1. Heráldica
heráldica - terminoloxía da heráldica - escudo - armorial
2. Divisións do escudo
puntos, lugares ou situacións no campo: xefe - cantón - abismo - punta - pau - barra - banda - faixa | particións do campo
2.1. Fondos
fondo - esmalte - estaño | ouro - prata | sable - azur - goles - sinople | aceiro - alaranxado - púrpura - sanguíneo - leonado
2.2. Forros
forro | armiño - veiro
3. Figuras, cargas ou carganzas
pezas e mobles / sotuer - chevrón | aguia - león - lobo - oso: rampante - parlante - pasmado