Praia da Concha, Donostia
Aparencia
(Redirección desde «Praia de La Concha»)
Tipo | praia praia de area dourada praia urbana | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Donostia, España | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 40 () × 1.350 () m | |||
A Praia da Concha (en éuscaro: Kontxa, en castelán: La Concha) é unha praia situada na baía da Concha da cidade vasca de Donostia. É unha das praias urbanas máis famosas de todo o país.
Situada ao oeste da desembocadura do río Urumea, separada do mesmo polo monte Urgull e aloxada na Baía da Concha, ten unha lonxitude media de 1.350 m, unha anchura media de 40 m e unha superficie media de 54.000 m².
É unha praia de area e pouca profundidade, na que o percorrido das mareas a miúdo limita a superficie útil para o uso. Pode considerarse unha praia de contorna urbana e uso masivo. Os accesos peonís a ela son bos, así como os transportes públicos e aparcadoiros subterráneos. É ademais desde 2007, un dos 12 Tesouros de España.[1]