Prótome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prótome Ibero de cordeiro tallada en cantaría ( MAN, Madrid).
Cabeza tallada na Catedral de San Xacobe en Šibenik, Croacia; tallada no século XV por Juraj Dalmatinac

Prótome ou prótomo ((grego προτομή, protomé, «parte anterior», «busto») é a representación en altorelevo dun animal real ou imaxinario, dun monstro ou dunha persoa. Represéntase a cabeza, o busto ou o busto cos membros anteriores. Usouse como motivo decorativo ou de soporte de elementos arquitectónicos xa na antigüidade clásica. Hai exemplos en ménsulas, cornixas, frontóns, obras de ourivaría, moedas, cerámicas, etc.

Nos barcos de pesca e de transporte fenicio que percorrían o Mediterráneo coñecidos como hippoi, soian presentar no akroterion de proa un prótome en forma de cabalo.

O termo introduciuse na terminoloxía da arte no século XIX.

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]