Portal:Vigo/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consorcio da Zona Franca de Vigo é unha institución pública creada en 1947 para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico desde o sur de Galicia. Na súa área loxística de Bouzas, situada no porto de Vigo, xestiona unha zona franca con todas as súas vantaxes para a importación e a exportación.

O Consorcio está integrado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Cámara de Comercio, a Autoridade Portuaria e o Goberno de España, quen nomea o Delegado/a Especial do Estado en Consello de Ministros e segundo a proposta do Ministerio de Facenda.

A actual delegada do Estado é a pontevedresa Teresa Pedrosa, que preside as reunións mensuais do Comité Executivo, órgano encargado da xestión, administración e dirección desta institución pública. A Presidencia do Consorcio correspóndelle á Alcaldía de Vigo, sendo ocupada dende 2007 por Abel Caballero.