Teresa Pedrosa
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. Colocouse este aviso de que o contido está desactualizado en setembro de 2019. |
Teresa Pedrosa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de decembro de 1964 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Teresa Pedrosa Silva, nada en Pontevedra o 28 de decembro de 1964, é unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspectora da Inspección de Traballo e Seguridade Social entre 1991 e 1995 e entre 2002 e 2003. Entre 1992 e 1994 foi xefa do equipo de inspección no Campo de Xibraltar. De 1997 a 2002 foi presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais. Amais, dirixiu a Revista Galega de Dereito Social.
Política[editar | editar a fonte]
Como política, pertence ao Partido Popular de Galicia, sendo presidenta local de Pontevedra entre 2004 e 2007. Foi cabeza de lista ás eleccións municipais de 2003 en Pontevedra, no que a súa formación conseguiu ser a segunda forza máis votada. Entre 2007 e 2011 foi concelleira polo PPdeG no concello de Pontevedra, logo de ocupar o número dous da lista encabezada por Telmo Martín González.
Foi deputada provincial, vicepresidenta da Deputación Provincial de Pontevedra entre 2003 e 2011 e presidenta executiva do Museo de Pontevedra entre 2003 e 2010. Foi nomeada conselleira da asemblea de Caixa Galicia polo concello de Pontevedra.
En febreiro de 2012 foi designada Delegada Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo.[1]