Portal:Tampere/Lugar de interese/5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Satakunnansilta (en galego Ponte de Satakunta) é unha ponte situada no centro da cidade de Tampere (Finlandia), cruzando o Tammerkoski. A ponte forma parate da rúa Satakunnankatu e é empregada tanto como para tráfico rodado como para peóns. A ponte de pedra conta con seis arcos de 17 metros. A ponte ten 11,75 metros de ancho e unha lonxitude de 112,6 metros.

Antes da súa construción existía no mesmo lugar outra ponte estreita de madeira chamada Pikkusilta (en galego Pequena ponte) e construída en 1858 para facilitar o paso das persoas que traballaban na fábrica. Estaba tan próximo á auga que cando o Tammerkoski medraba en primavera non se podía cruzar a ponte cos pés secos. O aumento demográfico impulsou a construción dunha nova ponte que finalmente foi construída entre 1897 e 1900 e inaugurada o 9 de outubro de 1900. En 2013 as varandas da ponte renováronse ao deseño orixinal, e en 2014 as farolas reemprazáronse co deseño orixinal.