Portal:Tampere/Lugar de interese/4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A igrexa vella de Messukylä (en finés Messukylän vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Construído na súa meirante parte no século XVI, trátase do edificio máis antigo de Tampere.

Se ben os estudos revelan que a igrexa actual foi construída en torno aos anos 1510 e 1530, as imaxes de santos de madeira conservadas no seu interior datan dos anos 1430 e 1440, polo que se pensa que no mesmo lugar puido existir unha igrexa de madeira case cen anos antes da construción da igrexa de pedra.

Dende a súa construción a igrexa foi obxecto de numerosas modificacións, como a elevación dos seus muros. Antigamente contaba con murais no seu interior que foron cubertos con cal, polo que tan só uns poucos restos restaurados na década de 1950 son visibles na actualidade. Foi neste momento cando se descubriu o auténtico valor da igrexa, que fora abandonada e empregada como corte.