Portal:Música rock/Artigo destacado/outubro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de A Perfect Circle.

A Perfect Circle (a miúdo tamén escrito como APC) é un supergrupo de rock alternativo formado nos Ánxeles, California, durante o ano 1999 polo guitarrista Billy Howerdel e o vocalista de Tool Maynard James Keenan. A súa primeira formación tamén incluía a Paz Lenchantin no baixo, a Troy Van Leeuwen na guitarra e a Tim Alexander á batería. A banda entrou nun período de hiato no ano 2004 cando contaba con James Iha (guitarra), Jeordie White (baixo) e Josh Freese (batería) nas súas filas ademais dos dous fundadores do grupo. Ata a data a banda ten publicados tres álbums: Mer de Noms, Thirteenth Step e eMOTIVe.