Portal:Kirguizistán/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kirguizistán (en lingua kirguiz: Кыргызстан), tamén coñecido como Quirguicistán ou Quirguistán, e oficialmente como República do Kirguizistán (en kirguiz, Кыргыз Республикасы), é un país montañoso da Asia Central, sen saída ao mar e con fronteiras con Uzbekistán, Taxiquistán, Casaquistán e coa República Popular da China. A súa capital e cidade máis poboada é Bixkek.

A rexión correspondente ao Kirguizistán foi poboada no século XV e século XVI polos kirguiz, un pobo nómade turco orixinalmente situado, hai 2000 anos, no Nordeste de Mongolia e que primeiro se desprazara cara ao sur da Siberia entre o século VI e o século VIII, e logo cara á rexión de Tuva ata o século XIII. O Islam converteuse na relixión principal da rexión contra o século XII; a maior parte de kirguiz son musulmáns sunnitas da escola hanafita.