Portal:Historia/Sobre Galicia/xullo 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa do Reino Suevo

Hidacio, Idácio de Chaves ou Idácio de Límica, foi un cronista, eclesiástico e dirixente da Gallaecia do turbulento século V.

Naceu na comarca da Alta Limia, no seo dunha familia acomodada da civitates (comunidade) dos Lemicos. É moi dificultoso establecer un lugar concreto do nacemento (o núcleo urbano, a Civitas Limicorum, que podería corresponder coa actual Xinzo de Limia, o Castro do Viso ou aínda o lugar de Parada de Ribeira-Ganade, ou ben unha das villae próximas). E máis dificultoso, se cabe, sería establecer a súa data de nacemento, podendo datarse entre os anos 388 e 400 e, tratando de concretar máis, entre o 390 e 392.

Pertencía a unha familia cristiá da baixa aristrocracia de orixe galaico-romana vencellada á administración e que detentaba un poder vencellado á posesión das terras, unha nobreza pertencente a aquela que axudou a Teodosio I a erguerse no poder.

Hidacio foi o autor do Cronicón e, posibelmente, dos Fasti Consulares.