Portal:Historia/Sobre Galicia/novembro 2013

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muralla de Lugo

Lugo fundouse coma un campamento militar romano ao mando de Caius Antistus Vetus, arredor do ano 25 a.C. En nome do emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento militar, e a partir do ano 50 asístese á expansión da cidade, co asentamento de poboación indíxena dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e o modo de vida romano. Proba diso son os restos atopados da antiga cidade, correspondentes a templos, piscinas, termas, moedas ou mosaicos.