Portal:Historia/Efemérides destacadas/8 de abril
- 217, o emperador romano Caracalla é asasinado e sucedido polo prefecto da Garda Pretoriana Macrino.
- 1143, morre Xoán II Comneno, emperador bizantino.
- 1320, nace Pedro I, rei de Portugal.
- 1605, nace Felipe IV, rei de España.
- 1866, Italia e Prusia alíanse contra o Imperio austríaco.
- 1938, nace Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas
- 1942, no sitio de Leningrado as forzas soviéticas abren unha liña férrea, aliviando o asedio.
- 1946, a Sociedade de Nacións, precursora das Nacións Unidas, reúnese por última vez.
- 1993, Macedonia do Norte únese á ONU.
- 2013, morre Margaret Thatcher, primeira ministra británica.