Portal:Historia/Efemérides destacadas/21 de marzo
Aparencia
- 1188, o emperador Antoku accede ao trono do Xapón.
- 1226, nace en París Carlos I de Nápoles e Sicilia.
- 1413, Henrique V convértese en rei de Inglaterra.
- 1843, morre Guadalupe Victoria, primeiro presidente de México.
- 1871, Otto von Bismarck é nomeado Chanceler do Imperio Alemán.
- 1919, proclámase a República Soviética Húngara, converténdose no primeiro goberno comunista creado trala Revolución de Outubro en Rusia.
- 1921, o partido bolxevique instala en Rusia a Nova Política Económica, para solucionar o fracaso que supuxera para a economía o comunismo de guerra.
- 1933, remátase a construción do Campo de concentración de Dachau, o primeiro da Alemaña nazi.
- 1943, fracasa o complot para asasinar a Adolf Hitler mediante unha bomba-suicida levado a cabo polo oficial da Wehrmacht Rudolf von Gersdorff.