Portal:Estados Unidos de América/Cidade destacada/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira en Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes. Como na maior parte do Cinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre 2000 e 2008. Este foi o maior crecemento de calquera área estadounidense por detrás do Dallas-Fort Worth Metroplex. Cun ingreso bruto de 270.000 millóns de dólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.

Considerada como unha cidade de negocios e centro de transporte, Atlanta é a sede mundial de The Coca-Cola Company, AT&T Mobility e Delta Air Lines. Ademais, a cidade ten a terceira maior concentración de empresas da Fortune 500 e máis do 75% das compañías de Fortune 1000 teñen a súa sede nesta área metropolitana. O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, situado a once quilómetros ao sur do centro de Atlanta, é o aeroporto máis transitado do mundo e o único que cobre os servizos da cidade.

Atlanta é, tamén, a sede do condado de Fulton e a quinta situación da sede do goberno do estado de Xeorxia. Unha pequena parte dos límites da cidade de Atlanta limitan co condado de DeKalb.