Condado de DeKalb, Xeorxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de DeKalb
DeKalb County
Condados dos Estados Unidos Flag of the United States.svg
DeKalb County, Georgia Court House.JPG
Vello pazo de xustiza do condado de DeKalb
Map of Georgia highlighting DeKalb County.svg
Situación do condado de DeKalb en Xeorxia
Map of USA GA.svg
Situación de Xeorxia nos Estados Unidos
Datos xerais
Estado Xeorxia
Sede Decatur
Maior cidade Dunwoody
Características xeográficas
Área 702 km²
- Área terra 694 km² (%)
- Área auga 9 km² (%)
Poboación estimada 713.340 (2013)
Densidade poboacional estimada 998 hab/km²
Website: http://www.co.dekalb.ga.us/

O condado de Dekalb (en inglés: DeKalb County) é un condado no estado estadounidense de Xeorxia. No censo de 2000 o condado tiña unha poboación de 686 712 habitantes. Forma parte da área metropolitana de Atlanta. De feito preto do 10 por cento da cidade de Atlanta atópase dentro do condado, mentres que o 90 por cento restante sitúase no condado de Fulton. A sede de condado é Decatur.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O condado de DeKalb foi creado en 1822[1] a partir de porcións dos condados de Henry, Gwinnett e Fayette. Foi nomeado en honor a Johann de Kalb, un soldado alemán que loitou no bando estadounidense durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

En 1853, o condado de Fulton foi creado a partir da metade occidental do condado de DeKalb. Ata ese entón, a cidade de Atlanta atopábase dentro do condado. De feito, durante a Guerra de Secesión, gran parte da Batalla de Atlanta loitouse dentro do condado de DeKalb.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo, o condado ten unha área total de 702 km², do cal 695 km² é terra e 7 km² (5,52%) é auga.

Condados adxacentes[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

No censo de 2000, houbo 665 865 persoas, 249 339 fogares e 156 584 familias residindo no condado.[2] A densidade de poboación era de 2 483 persoas por milla cadrada (959/km²). No 2000 habían 261 231 unidades unifamiliares nunha densidade de 974 por milla cadrada (376/km²). A demografía do condado era de 35,82% brancos, 54,23% afroamericanos, 0,23% amerindios, 4,01% asiáticos, 0,05% insulares do Pacífico, 3,53% doutras razas e 2,12% de dúas ou máis razas. 7,89% da poboación era de orixe hispana ou latina de calquera raza.[2]

A renda media para un fogar do condado era de $49 117 e o ingreso media para unha familia era de 54 018 $. En 2000 os homes tiñan un ingreso medio de 36 270 $ fronte a $31 653 para as mulleres. A renda per cápita para o condado era de 23 968 $ e o 10,80% da poboación estaba baixo o limiar de pobreza nacional.

Localidades[editar | editar a fonte]

Transporte[editar | editar a fonte]

Principais autoestradas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]