Portal:Era viquinga/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A era viquinga é o período da historia de Europa, especialmente o norte de Europa e a historia de Escandinavia, comprendido entre finais do século VIII ata mediados do século XI, a continuación da Idade do Ferro Xermánica. É o período da historia no que os pobos nórdicos escandinavos esploraron Europa a través dos seus mares e ríos para o comercio, as incursións, a colonización e a conquista. Neste período, os nórdicos establecéronse en Groenlandia, Terranova, e as actuais Illas Feroe, Islandia, Noruega, Escocia, Inglaterra, Irlanda, Países Baixos, Alemaña, Ucraína, Rusia e Turquía.

Aínda que os viaxeiros e colonos viquingos foron vistos en moitos momentos da historia como asaltantes brutais, moitos documentos históricos suxiren que as súas invasións doutros países foron en resposta á invasión de terras tribais polos misioneiros cristiáns, e quizais polas Gerras Saxonas levadas a cabo por Carlomagno e os seus parentes ao sur ou, foron motivadas pola superpoboación, as desigualdades comerciais, e a escasez de terras de cultivo nas súas terras orixinais.

A información sobre a era viquinga baséase en boa parte no que foi escrito sobre os viquingos polos seus inimigos, e as fontes primarias arqueolóxicas, proporcionadas polas Sagas Islandesas.