Portal:Dinamarca/Cidade destacada/Arquivo
Aquí están todas as cidades destacadas no portal da Dinamarca:
Copenhague (en dinamarqués: København (axuda · info)) é a capital e a cidade máis poboada de Dinamarca, cunha poboación urbana de 1.230.728 e unha poboación metropolitana de 1.967.727, o 1 de outubro de 2013. Está situada na costa oriental de Selandia, a 28 km de Malmö (Suecia), e a 164 km de Odense. A cidade esténdese por partes da illa de Amager e tamén contén o enclave do municipio de Frederiksberg. Foi premiada co título Capital Verde Europea en 2014.
A historia da cidade remóntase a arredor do ano 800, sendo orixinalmente unha vila de pescadores viquinga. Copenhague converteuse na capital de Dinamarca a principios do século XV. Durante o século XVII, baixo o reinado de Cristián IV, converteuse nun importante centro rexional, consolidando a súa posición como capital de Dinamarca e Noruega coas súas institucións, defensas e forzas armadas. Logo de sufrir os efectos de lumes e pragas no século XVIII, a cidade viviu unha etapa de remodelacións. Logo de diferentes desastres no século XIX, cando Horatio Nelson atacou a frota dinamarquesa e bombardeou a cidade, as reconstrucións durante a Idade de Ouro dinamarquesa levaron un novo estilo neoclásico á arquitectura. Máis tarde, trala Segunda Guerra Mundial, o Proxecto dos Dedos fomentou a creación de vivendas e negocios ao longo das cinco rutas ferroviarias urbanas.
A cidade é sede dunha serie de grandes empresas e institucións culturais como AP Moller-Maersk, Carlsberg, Park, o Museo Nacional, o Ópera e o teatro do Rei.
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/2
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/3
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/4
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/5
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/6
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/7
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/8
Portal:Dinamarca/Cidade destacada/9