Portal:Deportes gaélicos/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os deportes gaélicos son deportes practicados principalmente en Irlanda. Os dous principais deportes son o fútbol gaélico e o hurling. Estes son deportes de pelota xogados entre dous equipos integrados por quince xogadores que xogan nun campo rectangular de herba cunha portería en forma de "H" en cada extremo. Estes deportes son os máis populares en Irlanda e o seu obxectivo e anotar introducindo a pelota (ou sliotar no hurling) na portería do equipo contrario (o que se denomina gol, igual a tres puntos) ou por riba da barra (para un punto). O equipo gañador é o que anotara máis puntos ao final do partido. Tanto o fútbol gaélico como o hurling teñen a súa versión feminina, que no caso do último é denominada camogie. Os outros deportes gaélicos son a pelota gaélica, e o rounders.

A Asociación Atlética Gaélica (coñecida polas súas siglas en inglés GAA), con sede no estadio de Croke Park en Dublín, encárgase de fomentar e organizar as competicións deportivas destes deportes.