Portal:Colombia/Lugar de interese/8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como Distrito Capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos. Está constituída por 20 localidades e é o epicentro político, económico, administrativo, industrial, artístico, cultural, deportivo e turístico do país.

Está situada no centro de Colombia, na rexión natural coñecida como a sabana de Bogotá, que fai parte do altiplano cundiboyacense, formación montañosa situada na cordilleira Oriental dos Andes. É a terceira capital máis alta en América do Sur (logo da Paz e Quito), con un termo medio de 2625 metros sobre o nivel do mar. Posúe o páramo máis grande do mundo, localizado na localidade de Sumapaz.