Portal:Colombia/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pobo wayuu (tamén chamados wayu, wayúu, guajiro, wahiro) son un pobo indíxena que habita na Península da Guajira, no norte de Colombia e o noroeste de Venezuela. A lingua wayuu forma parte da familia lingüística das linguas macroarauacas.

habitan nun territorio de 15 300 km2 dentro do departamento de la Guajira, Colombia, e 12 000 km2 dentro do estado Zulia, Venezuela, na costa do mar Caribe. O clima da sabana xerófila ó sur e occidente (Baixa Guajira) e de estepa árida ou semiárida ó norte e leste (Alta Guajira), é cálido e seco. A pluviosidade desta rexión é moi reducida e só hai chuvias no juyapu, entre setembro e decembro. Na Alta Guajira está o denominado Macizo Guajiro conformado polas serras Macuira, Jala'la, Chiare, Cojoro e Cocinas e o cerro Epitsú, que acada até 900 msnm. Ó sur da baixa Guajira corren, cara ó oeste o río Ranchería e o río Limón cara ó leste.