Portal:Anarquismo/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O anarquismo é unha ideoloxía política que se opón a todo tipo de xerarquía e dominación, sexa política, económica, social ou cultural, como o Estado, o capitalismo, as institucións relixiosas, o racismo e o patriarcado. A través dunha análise crítica da dominación, o anarquismo pretende superar a orde social na cal esta se fai presente a través dun proxecto construtivo baseado na defesa da autoxestión, con vistas á constitución dunha sociedade libertaria baseada na cooperación e a axuda mútua entre os individuos e onde estes poidan asociarse libremente.

Os medios para acadar tales obxectivos son motivo de debates e diverxencias entre os anarquistas. Con base en discusións estratéxicas relativas á organización anarquista, as loitas de curto prazo e da violencia, estabélecense dúas correntes do anarquismo: o anarquismo insurreccionalista e o anarquismo social ou de masas. O anarquismo insurreccionario afirma que as liotas de curto prazo por reformas e que os movementos de masas organizados son incompatibles co anarquismo, dando ánfase á propaganda polo acto como o principal medio para espertar unha revolta espontánea revolucionaria. Mentres que o anarquismo social ou de masas enfatiza a noción de que só movementos de masas poden ser capaces de provocar a transformación social desexada polos anarquistas, e que tales movementos, constituídos normalmente por medio de loitas por reformas e cuestións inmediatas, deben contar coa presenza dos anarquistas, que deben traballar no sentido de radicalizalos e transformalos en axentes revolucionarios.

Historicamente, o anarquismo é un fenômeno moderno, xurdido na segunda metade do século XIX no contexto da Segunda Revolución Industrial, a partir da radicalización do mutualismo de Pierre-Joseph Proudhon no seo da Asociación Internacional dos Traballadores (AIT), durante o final da década de 1860. Entre 1868 e 1894, o anarquismo xa se desenvolvera significativamente e tamén fora difundido globalmente, exercendo, ata 1949, gran influencia entre os movementos obreiros e revolucionarios, aínda que continuou a exercer unha influencia significativa en diversos movementos sociais do período de posguerra ata a os nosos días, entre fluxos e refluxos.