Anarquismo insurreccionalista
Aparencia
O anarquismo insurreccionalista (insurreccionalismo) é unha tradición filosófica anarquista que enfatiza a revolución. Dende as revoltas de finais dos sesenta e os setenta en países coma Francia e especialmente Italia, sectores neo- ilegalistas propuxeron un pensamento posteriormente categorizado coma anarquismo insurreccionalista. Destacan aquí escritores coma Alfredo Bonanno, a revista Killing King Abacus , e Wolfi Landstreicher. Anarquistas vencellados a este pensamento actuaron dende entón en varias instancias de accións de grupos de afinidade e revoltas de masas coma as de Xénova ou as de Grecia no 2008. Así mesmo, enfrontan críticas semellantes ás que o anarquismo organizado lle realizara ao ilegalismo no século XIX e comezos do XX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Anarquismo |