Portal:A Coruña/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Elviña foi un acontecemento bélico que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 1809 no alfoz da cidade da Coruña, enfrontando as tropas francesas, conducidas polo xeneral Soult, que obtiveron a vitoria, contras as tropas británicas, mandadas polo xeneral John Moore, quen habería perder a vida no transcurso do combate. Na historiografía internacional este choque é coñecido como batalla da Coruña. A batalla desenvolverse no marco da Guerra da Independencia Española.

A batalla iniciouse na tarde do día 16 de xaneiro, tendo lugar os máis duros combates pola posesión da aldea de Elviña, da que se apoderaron os franceses na caída da noite, e avanzaron para a aldea de Palavea. Caeu ferido o xeneral inglés Baird, entanto o propio Moore foi ferido moi gravemente pola bala dun canón, morrendo dúas horas despois. Durante esa mesma noite as tropas británicas, foron embarcando, aínda que os barcos foron canoneados pola artillería francesa no amencer do día 17.

As forzas británicas estaban integradas por uns 16.000 homes (15.000 de infantería e 9 a 12 canóns), mentres que polo bando francés entraron en combate 16.000 homes (12.000 de infantería, 3.200 de cabalaría e 20 canóns).