Portal:Ópera/Selección de aniversarios/outubro
Aparencia
- 15 de outubro de 1932 – A San Francisco Opera inaugura o War Memorial Opera House cunha representación de Tosca. Claudia Muzio (na imaxe) cantou o papel protagonista.
- 18 de outubro de 1810 – O destacado tenor italiano Mario (Cavalier Giovanni Matteo de Candia, Marqués de Candia) nace en Cagliari.
- 19 de outubro de 1701 – La púrpura de la rosa, a primeira ópera coñecida composta e representada no continente americano, estréase no Palacio do Vicerrei en Lima, Perú.
- 20 de outubro de 1973 – A Sydney Opera House é formalemente inaugurada pola Raíña Isabel II.
- 22 de outubro de 1987 – Estrea mundial da ópera de John Adams Nixon in China na Houston Grand Opera nunha produción de Peter Sellars con coreografía de Mark Morris.
- 24 de outubro de 1948 – Franz Lehár, o compositor de Die lustige Witwe, morre en Bad Ischl, Austria.
- 27 de outubro de 1922 – Rita Fornia, a soprano para a que foi creado o papel da abadesa na ópera de Puccini Suor Angelica, morre en París aos 44 anos.
- 29 de outubro de 1787 – A ópera de Mozart Don Giovanni é estreada no Teatro Estatal de Praga, con Luigi Bassi no papel protagonista.