Porretas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porretas
Porretas actuando no seu barrio, Hortaleza, no 2005
OrixeMadrid, España
Período1985 - ...
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)DRO, Realidad Musical, Locomotive, Universal, Edel, RCA, Barrabás
MembrosRober (voz e guitarra)
"El Bode" (guitarra)
"Pajarillo" (baixo e voz)
Luis (batería)
Manolo Benítez (guitarra)
Na rede
www.porretas.com
MySpace: porretaslugaroficial Spotify: 728RoHc1KnzggoepsGWPdk iTunes: 17052807 Last fm: Porretas Musicbrainz: 39c91db5-2aa3-4883-ad2d-c95b9b07d625 Songkick: 367199 Discogs: 1710724 Allmusic: mn0000354944 Deezer: 77910 Genius: Porretas Editar o valor em Wikidata

Porretas é un grupo roqueiro con toques punks do barrio de Hortaleza en Madrid (España). As súas cancións tratan temas moi diversos, aínda que están relacionadas co seu mundo urbanita que os arrodea, con bares, cervexa, porros, fútbol... Fan un rock moi directo e sinxelo, en xeral sen tratar temas intimistas.

Historia[editar | editar a fonte]

Dous amigos, Rober e "Pajarillo", comezaron a tocar no ano 1985, aínda que non foron recoñecidos até principios dos 1990, tras gañar un certame cun recompilatorio de grupos do seu barrio. Foi daquelas cando se axuntaron ao grupo "El Bode" e Luis.

Adquiriron formas e estilos dos seus grupos favoritos da época de España como Barón Rojo, Leño ou La Polla Records. Tras ser abreconcertos en varios concertos, estreáronse, en 1991, publicando Que se vayan hacer puñetas, disco que non vendeu moito, pero que deixaba entrever un estilo propio. Neste traballo, como en Si nos dejáis, é onde está máis latente o arrecendo punk que, posteriormente, irán deixando.

En 1993, para a gravación do seu terceiro disco, fichan por RCA, o cal os coloca nun posto privilexiado dentro dos novos grupos de rock estatal. Con puntos de vista diverxentes entre compañía e grupo sacan, en 1995, No tenemos solución, disco producido por Rosendo, que chega a vender 10.000 copias sen case ningunha promoción.

Tras a ruptura coa multinacional, pasarán dous anos até que volvan gravar, e será cun selo discográfico (Edel) sen tantas pretensións. De aquí sae o disco máis maduro da banda, Baladas pa un sordo, onde se inclúe "Marihuana", tema polo que serán coñecidos en toda a xeografía estatal e será, probablemente, o seu maior éxito. Deste xeito, comezan as súas andainas polos festivais da península e conseguen unhas vendas de 20.000 exemplares. Despois destes bos tempos, en 1998, sacan o seu sexto disco Rocanrol.

No 2000 publican Clásicos, un disco de versións dos seus grupos favoritos dos 1980, unha homenaxe a grupos como Obús, Leño ou Los Suaves, grupos polos que se viron influídos.

O seu oitavo disco, Hortaleza, foi publicado no 2001, e o seu título é unha chiscadela ao barrio madrileño do que proceden. Cabe destacar o tema "Y Aún Arde Madrid", que é un tributo aos Burning.

Coincidindo co vixésimo aniversario da banda, no 2005 publican Porretas, décimo traballo onde se osixena, dalgún xeito, o proceso creativo dunha banda histórica do rock estatal. Dous anos antes publicaran o seu dobre CD-DVD El directo, un punto e seguido onde repasan os seus éxitos gravados ao vivo, concretamente durante unha actuación na sala madrileña Divino Aqualung, o 1 de marzo de 2003.

Durante 2007 embarcáronse na xira Ni Un Paso Atrás, na que compartiron cartel cos grupos Reincidentes, Boikot e Sonora, que os leva a actuar en varias cidades de España. En abril de 2008 finaliza a gravacións do seu undécimo disco, titulado Once, nos estudios Sonoland de Coslada (Madrid), producido por Haritz Harreguy e publicado en setembro[1] pola plataforma Realidad Musical, tras desligarse da súa anterior compañía discográfica. En decembro dese mesmo ano edítase o disco Ni un paso atrás (en directo), onde se inclúen catro cancións do grupo gravadas durante a súa actuación o 21 de setembro de 2007 nas Festas do PCE en Madrid, no derradeiro día da xira homónima.[2]

En maio de 2009, o cantante e guitarrista Rober abandona temporalmente a formación por problemas de saúde, sendo substituído por Manolo Benítez, antigo guitarrista de Los Enemigos.

En novembro de 2010 regresan ao estudio de gravación para dar forma ao disco 20 y serenos, co que celebrarán o seu vixésimo aniversario, e no que varios cantantes interpretarán clásicos do repertorio do grupo de Hortaleza.[3][4] O disco púxose á venda o 3 de maio de 2011.

O 22 de xullo de 2011 falecía Rober, vocalista da banda, debido a un cancro de colon.[5]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Rober: voz e guitarra (falecido o 22 de xullo de 2011)
  • José Cobela "El Bode": guitarra
  • "Pajarillo": baixo e voz
  • Luis: batería
  • Manolo Benítez: guitarra

Discografía[editar | editar a fonte]

LPs[editar | editar a fonte]

Directos[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Porretas publicará su nuevo disco el 11 de septiembre" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., publicado en Hortaleza en Red, setembro de 2008
  2. Vídeo en Youtube con imaxes do concerto da xira "Ni Un Paso Atrás" en Madrid o 21 de setembro de 2007
  3. "Porretas desde el estudio: fotos y lista de canciones del disco por el 20 aniversario", publicado en Manerasdevivir.com, novembro de 2010
  4. "Videoclip de Marihuana dos Porretas con Pulpul (Ska-P) á voz", publicado en Manerasdevivir.com, abril de 2011
  5. Malas noticias: ha fallecido Rober de Porretas Maneras de vivir, 22 de xullo de 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]