Porfirii Infantev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Porfirii Infantev
Nacemento7 de febreiro de 1860
 Orenburg Governorate
Falecemento1913
 San Petersburgo
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Porfirii Pavlovich Infantev[1] (en ruso: Порфирий Павлович Инфантьев), nado o 19 de febreiro en 1860 nunha localidade da gobernación de Orenburg e finado en 1913 en Novgorod, foi un escritor e xornalista ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar Dereito na Universidade de Kazán e máis tarde entrou na Universidade de San Petersburgo, onde se sumou ao grupo de intelectuais, liderado por Dimitar Blagoev, próximo ás teses da socialdemocracia. Por último, estudaría na Universidade de Xenebra.

Exerceu como xornalista e etnógrafo, campo este último no que foi moi prolífico, pois ten más dunha ducia de publicación ao redor das tribos siberianas.

É recordado por ser un dos pioneiros rusos na escrita de literatura de ciencia ficción, grazas ao relato utópico На другой планете (Noutro planeta).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o sistema oficial ruso. Tamén romanizado como Porfiri Pávlovich Infántiev (Noutro planeta, traducida do ruso ao galego por Irina Stepánova Bolshakova e publicada en 2015) e Porfiry Infantyev.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]