Ponte do Bósforo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte do Bósforo
Bosphorus Bridge.jpg
Localización
Río Estreito do Bósforo
Cidade Istambul
País Turquía Turquía
Características
Construción 1973
Lonxitude 1560 m.
Ancho 33,40 m.
Gálibo 64 m.
Tipo Pónte pénsil
Material Aceiro

A ponte do Bósforo (ponte Bosphorus ou Ponte dos Mártires do 15 de xullo[1]) (turco: Boğaziçi Köprüsü, 1. Boğaziçi Köprüsü o Birinci Köprü , , 1. ) é unha ponte pénsil que liga a parte asiática coa parte europea da cidade de Istambul, Turquía, atravesando a canle do mesmo nome. Ten unha lonxitude de 1074 metros e posúe seis carrís (tres de cada banda).[2]

Con todo, esta non é a ponte pénsil máis longa de Istambul. A ponte de Fatih Sultan Mehmet foi rematado en 1988, posúe unha lonxitude 1090 metros e atópase case a cinco quilómetros ao norte da primeira ponte. Durante as horas pico da cidade, estas dúas pontes sofren grandes atascos de tránsito. Ademais, as dúas pontes teñen estipulado unha peaxe de paso (actualmente de 3 YTL, un pouco menos de 2 euros) que se cobra só cando se pasa desde a parte europea á asiática. Este cobro de portaxe fai aínda máis importantes os atoamentos que se forman.

O proxecto de construción dunha ponte pénsil sobre o estreito do Bósforo foi concibido polo goberno turco en 1950, levándose a cabo 20 anos despois, en 1970. A construción durou 3 anos, polo que o proxecto finalizou en 1973.

Desde o 23 de abril de 2007, esta ponte é iluminada mediante LEDs, co que se consegue un importante aforro enerxético.

O primeiro ministro turco Adnan Menderes decide dar impulso á construción dunha ponte que unise as partes asiática e europea de Istambul.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]