Ponte de Boyacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo de batalla no ano 2005.

Ponte de Boyacá é un monumento declarado Patrimonio Cultural da Nación e pertence ó Distrito Histórico e Cultural da cidade de Tunja, no centro de Colombia.[1][2][3] Atópase sobre os Andes colombianos a carón da vía Panamericana (segmento viario Bogotá-Caracas) entre Bogotá e Tunja, a 110 km ó nordés de Bogotá e 14 km ó suroeste de Tunja, nun val atravesado polo río Teatinos

Numerosos monumentos erixíronse nos arredores para conmemorar a histórica vitoria dos independentistas o 7 de agosto de 1819, coñecida como batalla de Boyacá, a cal concedeu a independencia de Colombia.[4] A pequena ponte foi construída a comezos do século XVIII e declarado como Monumento Nacional da independencia en 1920.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Batalla de Boyacá". Alcaldía de Tunja. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  2. "Campo de Boyacá, escenario de la inolvidable batalla de Boyacá". 
  3. "La Batalla de Boyacá". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  4. CORTÉS, Gustavo. Tunja, Guía Histórica del Arte y la Arquitectura. Academia Boyacense de Historia. 110. 1995
  5. "Puente de Boyacá". Alcaldía de Tunja. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]