Policleto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Policleto
Nacementoc. 490 a. C.
Lugar de nacementoArgos
Falecementoc. 420 a. C.
Ocupaciónescultor
Coñecido porDoríforo, Diadumeno, Discóforo, Antipatros statue at Olympia, Cynisuss statue at Olympia, Thersilochos statue at Olympia e Hera with Graces and Horai statue at Argos
editar datos en Wikidata ]

Policleto de Argos, (en grego antigo Πολύκλειτος / Polýkleitos), tamén chamado Policleto, o vello para diferencialo de Policleto, o novo, nado no século V a.C. en Argos ou Sición, foi un dos máximos escultores gregos do período clásico, contemporáneo de Fidias e Mirón, moi recoñecido polos seus traballos en bronce.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi autor dun tratado, coñecido como Canon, no cal teorizou sobre as proporcións e as relacións numéricas ideais do corpo humano. O tratado perdeuse así como as súas obras esculpidas, mais a súa teoría e as realizacións artísticas sonnos coñecidas a través das copias romanas das súas estatuas, que testemuñan aínda a fama e a fortuna que tiveran entre os antigos.

Entre as estatuas de bronce executadas por Policleto as máis famosas son o Diadumeno (circa 430 a.C.), a Amazona ferida (circa 435 a.C.), a estatua crisoelefantina de Hera (circa 420 a.C.), e sobre todo o Doríforo (circa 450 a.C.). Nesta obra e claramente apreciábel o canon que inventou, en canto a altura da cabeza do suxeito é 1/7 da altura total do corpo.

O seu discípulo máis famoso foi Lisipo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]