Poliandria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Poliandria (do grego polýs: moitos e andrós: home), é unha condición infrecuente (polo menos en tempos históricos), análoga á polixinia, na cal unha soa muller pode estar ao mesmo tempo en matrimonio con varios homes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As formas máis notorias de poliandria observáronse na Creta antiga, as etnias tradicionais do Tíbet, ou entre os inuit, ou entre a etnia matriarcal dos mosso, residente inmediatamente ao leste do Tíbet. En todos os casos coñecidos, a poliandria débese a que nas poboacións onde se practicou existiu unha alta taxa de masculinidade, un "exceso" numérico de homes en relación ao de mulleres, e os homes de tales etnias non puideron "adquirir" mulleres doutras etnias. A alta taxa de masculinidade entre as etnias en cuestión case sempre foi ocasionada polo infanticidio das mulleres neonatas. De modo que se debe evitar a crenza segundo a cal a poliandria se corresponde "sempre" con sociedades matriarcais (case sempre sucede ao contrario). En xeral, a poliandria practicouse compartindo varios irmáns a unha mesma muller. Se a poliandria non implica matriarcados, en cambio si adoita implicar matriliñaxes. En efecto: sendo a única proxenitora certa a muller, nas sociedades con poliandria resulta máis doado establecer a liñaxe parental certa ao ser referente a muller.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]