Mercagalicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercagalicia
Tipoempresa
Data de fundación1993
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Mercagalicia é unha sociedade cuxo obxectivo é a distribución alimentaria que ten as súas instalacións en Santiago de Compostela, e que comezou a súa actividade en 1993 concentrándose principalmente no sector de froitas e hortalizas.[1]

Instalacións[editar | editar a fonte]

As súas instalacións están no Polígono Industrial do Tambre, no concello de Santiago de Compostela, e contan cunha superfice de 63.000 m2.[1]

As actividades principais realízanse nunha nave de 11.500 m2, e dende o 2004 conta tamén cunha cetaria de marisco.[1]

Tamén hai un edificio administrativo e zona comercial para dar servizos a todos os usuarios do mercado.

No seu recinto tamén se atopa a Plataforma de Distribución da Empresa DIA e a empresa de transportes por estrada Transportes Martínez Souto.[1]

Facturación[editar | editar a fonte]

No ano 2013 comercializáronse en Mercagalicia 14.000 toneladas de froitas, hortalizas e patacas, e 203.000 kg de mariscos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]