Saltar ao contido

Poetarras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de abril de 2016 ás 18:02 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (clean up, removed: {{Música en progreso}} using AWB)
Poetarras
OrixeCangas, Ames e Bueu, Galicia Galicia
Período2013 - actualidade
MembrosDaniel Vilaverde
Manuel Gago
Rubén Lino Mandado
Pablo Lamosa
Na rede
Twitter: Poetarras Youtube: UCCyC-fucMFHGemeNT_b_W8g Editar o valor em Wikidata

Poetarras é un grupo musical e cómico galego creado no 2013. Está formado polo cangueses Manuel Gago e Rubén Lino, polo bueués Pablo Lamosa e o amesán Daniel Vilaverde. Acadaron sona a través de vídeos publicados na súa conta de YouTube nos cales fan covers humorísticos de cancións como "Roar" de Katy Perry, "Let It Be" de The Beatles ou "Hasta siempre, comandante" de Carlos Puebla.

Tamén fan sketchs cómicos que escriben, dirixen e interpretan eles mesmos. No 2014, gañaron o premio á mellor serie web en lingua galega no festival "Carballo Interplay".[1]

No 2015 participaron en festivais como o Revenidas,[2] ou nos magostos populares da organización Galiza Nova realizados en diversas localidades galegas.

Polémica

En maio de 2015, os sindicatos en Galicia da Policía e da Garda Civil, UFP e Unión GC, denunciaron a presenza de Poetarras e Def Con Dos no Festival de Cans por "respeto a las víctimas de la violencia".[3] As Novas Xeracións do PPdeG atribuíronlle ó grupo "apoloxía do terrorismo" sendo acusados de proetarras.[4][5]

Notas

  1. S., C. Morrazoaldia, ed. "Feijóo, Katy Perry e Poetarras: Un viral made in O Morrazo". Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  2. Revenidas (ed.). "Grupos 2015". Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  3. "Policía y G. Civil piden no subvencionar a grupos que hieren sensibilidades". Elconfidencial.com. 22 de maio de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  4. "Os Poetarras, acusados de “proetarras” por denunciar a amizade de Feijóo cun narco". GaliciaConfidencial. 29 de outubro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  5. "Las Nuevas Generaciones del PP gallego añaden una 'r' a la banda Poetarras para vincularla con el terrorismo". Eldiario.es. 28 de outubro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.