Pobo kist
| Pobo kist | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Parte de
| |||||
|
Poboación
8 110 (censo de 2002) | |||||
|
Lingua materna
| |||||
|
Relacionados
| |||||
| Localización | |||||
|
Países
| |||||
| Rexións principais | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Os kist (en xeorxiano: ქისტები, en checheno: КистӀий, Kistoj ou Kisti) son un subgrupo étnico checheno que habita nos Balcáns de Xeorxia. Viven principalmente na Gorxa de Pankisi, na rexión leste de Kakheti, onde suman arredor de 8 000 persoas.
Orixes
[editar | editar a fonte]
As orixes dos kist poden rastrexarse até o seu fogar ancestral nas terras baixas de Chechenia. Entre a década de 1830 e a de 1870, durante a conquista rusa do Cáucaso, na que parte deles participaron do lado do imán Shamil, emigraron á gorxa de Pankisi, no curso alto do río Alazani e os seus arredores nas rexións de Tusheti e Kakheti. Denominados kists (ქისტები) en xeorxiano, están estreitamente relacionados cultural, lingüística e etnicamente a outros pobos falantes de linguas nakh como os inguxos e os chechenos, pero os seus traxes e tradicións comparten moitas semellanzas coas dos xeorxianos das montañas orientais.
Na mesma rexión de Xeorxia existe outra comunidade relacionada cos kist e coa mesma orixe nakh chamada bats.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Shorena Kurtsikidze & Vakhtang Chikovani, Ethnography and Folklore of the Georgia-Chechnya Border: Images, Customs, Myths & Folk Tales of the Peripheries, Múnic: Lincom Europa, 2008.