Ploieşti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPloieşti
Ploiești (ro) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°56′28″N 26°01′21″L / 44.9411, 26.0225Coordenadas: 44°56′28″N 26°01′21″L / 44.9411, 26.0225
EstadoRomanía
JudețCondado de Prahova Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalPloiești (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Ploiești (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación180.539 (2021) Editar o valor em Wikidata (2.023,98 hab./km²)
Xeografía
Superficie89,2 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude165 m Editar o valor em Wikidata
Creación1596 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Ploiești (en) Traducir Editar o valor em WikidataAndrei Volosevici (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal100001–100585 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webploiesti.ro Editar o valor em Wikidata

Ploieşti é unha cidade romanesa, na que vivían 232.527 habitantes no 2006. É a terceira cidade máis poboada da rexión de Muntènia (Valaquia) e é capital do condado de Prahova. Está situada a 56 km ao norte de Bucarest e a 86 km de Brasov.

Clima[editar | editar a fonte]

A temperatura media anual é de 10,5 °C, con valores mínimos de -30 °C, rexistrados o 25 de xaneiro de 1942, entanto os máximos de 39,4 °C alcanzáranse o 10 de agosto de 1945. A cantidade media anual de precipitacións é de 600 mm. O ano máis chuvioso foi 1901, con 9639 mm, e o máis seco 1930, con só 305,3 mm. Ao ano, en media, 104 días rexistran precipitacións líquidas, e 26 días con neves.

O vento predominante é de dirección nordeste. A presión atmosférica é de 748,2 mm.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro documento que fai referencia a Ploiesti data de 1413: "Capitanie a Ploiestiul". Foi refundada en 1593. En 1855 instalouse a primeira refinaría de petróleo, e en 1882 chegou o ferrocarril á cidade. En 1943, Ploiesti foi bombardeada polos norteamericanos, xa que na zona se descubriran novos campos de petróleo.

Economía[editar | editar a fonte]

Ploieşti goza de encanto polos parques e igrexiñas que posúe, mais é un núcleo totalmente industrial. É o segundo centro industrial de Romanía e un dos máis importantes de Europa. Ten fama porque en Ploiesti fabrícanse os automóbiles "Dacia Logan", un dos coches de menor custo do mercado e, á vez, con boas prestacións.

É coñecida tamén por ser a capital da bebida nacional romanesa: "tuica", un licor de cereixa que pode chegar a adquirir 70º vol. Esta bebida faise tamén de pexego e mais de ameixa.

Ademais posúe industrias relacionadas co petróleo e de materiais de construción.