Saltar ao contido

Plaça de les Glòries Catalanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Plaça de les Glòries Catalanes
A praza, coa Torre Agbar ao fondo.

A Plaça de les Glòries Catalanes (en galego: Praza das Glorias Catalás), coñecida como Plaça de les Glòries ou simplemente Glòries, é unha praza de Barcelona. Está situada entre os distritos barceloneses de L'Eixample e Sant Martí.

Inicialmente Ildefons Cerdà dentro do seu plan concibiu a praza como un dos grandes centros de Barcelona, onde conflúen tres dos eixes máis importantes: a Avinguda Diagonal, a Gran Via de les Corts Catalanes e a Avinguda Meridiana.

A ordenación da actual praza corresponde a un proxecto executado entre 1990 e 1992, polos arquitectos Andreu Arriola, Gaspar García, Joan Mas e Artur Juanmartí, co asesoramento do enxeñeiro aeronáutico Adolf Monclús. A reforma significou unha mellora na rede viaria, creando uns viadutos, popularmente coñecido como o tambor, e deixando no interior espazo para un parque. No parque hai un conxunto escultórico formado por doce lousas que cada unha evoca un momento glorioso da historia de Cataluña.

Á beira da praza están os Encants Vells (Mercado Fira de Bellcaire), desde 1928.

Actualmente está nun proceso de transformación que acabará en 2014. A remodelación total da praza implicará a urbanización dunha parcela aínda sen urbanizar onde haberá un museo do deseño de Barcelona (Disseny Hub Barcelona) e trasladaranse os Encants Vells. Actualmente desmontouse a cuberta lateral do tambor e pode verse o interior da praza, por onde provisionalmente pasará parte do tráfico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]