Saltar ao contido

Piyama-Kurunta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Piyama Kurunta foi rexente e príncipe de Arzawa sobre o 1240 a.C..

O seu pai, o rei de Arzawa Uhha-Ziti, non se recuperou da ferida producida por un raio, e tivo que deixar o goberno ao seu fillo. O pai concertou unha alianza co rei de Ahhiyuwa e enviou a Piyama-Kurunta, con forzas conxuntas, a atacar a Maskhuiluwas de Mira aliado do hitita Mursilis II.

Piyama-Kurunta posibelmente destruíu a cidade de Impa, pero Maskhuiluwas o rexeitou. Maskhuiluwas volveu á cidade de Hapanuwa, a capital de Mira, e ficou fiel aliado hitita, e Mursilis III enviou uns xefes de nome Gullas e Malazitis a saquearen a cidade de Milawata (Mileto) aliada de Ahhiyuwa.

Piyama-Kurunta presentou batalla en Walma, na rexión de Astarpa, e foi derrotado. Uhha-Ziti fuxiu ás illas. Os habitantes antihititas de Hursanassan, Surudan, e Attarimman fuxiron ás montañas Arinnandas e á cidade de Purandas. Mursilis e o seu irmán Sarri-Kusuh de Karkemish asediaron as montañas onde pronto os refuxiados, debido á fame, se renderon; pero a cidade de Purandas resistiu o cerco e non quixo entregar aos refuxiados. Mursilis estaba acampado no río Astarpa cando soubo que Uhha-Ziti morrera. A sucesión recaeu no fillo de Uhha-Ziti, Tapalazunaulis, que foi capturado por Mursilis.

Piyama-Kurunta, que debía de estar nas illas, encarcerado seu irmán Tapalazunaulis e rendida a cidade de Purundas, viu a súa causa perdida, e pediu a paz. Mursilis deportou a Piyama-Kurunta a Hattusas, onde seguramente morreu.