Walma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Walma foi unha cidade do río Astarpa en cuxa ribeira se librou batalla do río Astarpa que supuxo o final do reino de Arzawa e a súa conquista polos hititas. A cidade non se deu localizado, pero debía de estar afastada da costa, xa que o exército hitita viña de Kuwaliya (clásica Frixia na súa parte norte) e baixaba ao sur cara a Apasa (Éfeso).