Piyasilis I de Karkemish
Aparencia
(Redirección desde «Sarri-Kusuh»)
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIV a. C. |
| Morte | século XIV a. C. Karkemish |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Príncipe |
| Fillos | ...sarruma, Sahurunuwa |
| Pais | Suppiluliumas I |
| Irmáns | Muwatti Zannanza Mursilis II Arnuwandas II Telepinu |
Piyasilis (Sarri-Kusuh) foi fillo do rei hitita Suppiluliumas I. Foi rei de Karkemish.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O rei hitita conquistou Kargamis (Karkemish) despois de oito días de asedio, e entrou na cidade e mesmo fixo ofrendas á deusa tutelar da cidade e a outra deusa local, probabelmente Kubaba; a cidade foi saqueada e fixéronse 3300 prisioneiros. Despois reunificou a terra de Kargamis e a cidade de Kargamis baixo unha xurisdición única e deu o trono de Kargamis ao seu fillo Piyasilis (sobre -1330)
Foi rei ata a súa morte, probabelmente despois do -1300.