Hapanuwa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hapanuwa foi a capital do reino de Kuwaliya, e probabelmente do reino reunificado de Mira e Kuwaliya.

Como o rei de Kuwaliya era cuñado e aliado de Mursilis II, foi atacada por Arzawa, entón en guerra contra os hititas, e aínda que nos anais non se menciona a súa sorte, ao cabo de poucos meses Arzawa perdeu a guerra e desapareceu como reino.

Pasou a dominio directo hitita en tempos de Mursilis III.